Quen somos


Nós

Somos unha empresa de Narón, A Coruña.

A principal actividade que nos ocupa abrangue unha ampla liña de acabados, nomeadamente en soporte de madeira. O vernizado, a restauración de antigüidades e o lacado compoñen a base do noso labor artesán, xunto a trinta anos de experiencia.

reloxo

As persoas

O capital humano está composto por persoas que viven a madeira en tódalas súas vertentes e perfís.

Os materiais

A elección axeitada dos materiais empregados no proceso de elaboración é o berce dun resultado final satisfactorio. Por iso, mantemos a teimosía dende sempre na selección dos productos de maior calidade e vangarda tecnolóxica, mimando a madeira coma o ser vivo que é, sen escatimar no seu mellor vestido.

O conxunto

Do conxunto compensado de todos estes factores nace a encomenda que nos propuxemos e amosamos ao cliente para o seu disfrute e a nosa satisfacción.

A todo elo engadimos un plus, que a xeito de garantía ven a consolidar unha peculiar forma de facer, sendo pioneiros , con esta medida na Comarca e no sector.